sábado, 25 de febrero de 2012


Economistas

"Na Coruña aínda temos a Franco no salón de plenos"

francococruna.jpg

Manuel Monge (Laguna del Duero, Valladolid, 1947), preside a Comisión pola Memoria Histórica da Coruña (CRMH), entidade que esixe a supresión da simboloxía franquista nesa cidade, que chegou a ser "a capital de España" ao contar co maior número de iconas que enxalzaban o réxime de Franco. Monge, que estivo encarcerado en varias ocasións por defender os valores republicanos e é sobriño de dous represaliados, deberá declarar como testemuña polo recurso presentado pola filla de Juan Canalejo, ante a intención do Concello da Coruña de retirarlle as distincións e cambiar o nome da rúa de quen fora o xefe de Falanxe na cidade.

Estes días asistimos na Coruña á colocación e retirada, en poucas horas, do cartel co novo nome da antiga rúa General Sanjurjo. O concello di que se debeu a un erro de trámite, que opina?
É unha verdadeira chapuza por parte do Concello da Coruña. Non se trata dun problema técnico, como alegan, senón que en realidade demostra que non hai vontade política para retirar a placa e que non teñen o que hai que ter. Que isto ocorra hai máis dun ano da aprobación en pleno da retirada de máis de 50 símbolos franquistas é unha vergonza. Esiximos que o concello cumpra dunha vez con este tema porque non vai orixinar ningún problema, tanto os cidadáns como os carteiros desta cidade son moi listos.
Como valora o recurso presentado pola filla de Juan Canalejo, que se opón a que cambie de nome a rúa dedicada ao seu pai, polo que vostede deberá declarar como testemuña?
É un recurso desesperado por parte dos parentes de Juan Canalejo porque todo o mundo sabe que a demanda non ten xustificación. Desde o máximo respecto á familia, considero que é un personaxe que non ten méritos como para contar cunha rúa nin con ningún tipo de distincións. Juan Canalejo foi o xefe da Falanxe na Coruña, realmente foi un pistoleiro que cometeu todo tipo de delitos, isto está recollido na prensa da época e en numerosas publicacións. Participou no secuestro e tortura dun rapaz, ao que lle practicaron todo tipo de vexacións e tivo que ser hospitalizado. Era o que hoxe denominamos un terrorista, reprimindo brutalmente a folguistas e disparando contra sedes de partidos políticos. Todo isto está recollido no informe presentado pola comisión de expertos, da que formo parte, que pediu a retirada de distincións e do seu nome do rueiro. Lamentablemente, Juan Canalejo foi asasinado, pero iso non xustifica a petición da súa familia.
O concello xa lles ofreceu un sitio onde colocar o monolito que pensan construír cos nomes dos máis de 600 represaliados na cidade e na comarca?
Estamos ante un proceso que, tras unha xestación de nove meses, finalmente vai ter un final feliz. O goberno municipal da Coruña xa nos confirmou que ese memorial poderá colocarse nun lugar visible e integrado na cidade. Faremos pública a súa situación exacta nos próximos días. Será inaugurado o 19 de decembro, cando tamén celebraremos unha homenaxe no teatro Rosalía de Castro ás vítimas da represión franquista. Ademais, presentaremos un libro coas actividades desenvolvidas pola comisión, que levará por título A historia roubada polo franquismo.
Tamén lle enviou recentemente unha carta ao portavoz do PP na Coruña, Carlos Negreira, que manifestou que nese memorial debían figurar "todas as vítimas". É certo que non quixo reunirse cos parentes dos represaliados?
Os familiares pediron reunirse con todos os grupos municipais do goberno da Coruña para explicarlles o proxecto do memorial e buscando a solidariedade. E a sorpresa foi cando todos os grupos os recibiron excepto o PP, que nos comunicou que finalmente non os recibiría tras anunciar inicialmente o contrario. Segundo nos comunicaron, Carlos Negreira manifestou que estaría a favor de participar na iniciativa se ían a aparecer os nomes de todas as vítimas reflectidos, así que lle enviamos unha carta solicitándolle que nos dea novos nomes de represaliados. Hai que felicitar ao PP doutras cidades como Salamanca ou Zaragoza, onde apoiou activamente este tipo de memoriais. Cremos que os populares da Coruña non poden quedar atrás.
A estatua de Franco segue á intemperie en Ferrol e a de Millán Astray, depositada nun almacén municipal. Que suxiren que se debe facer con ela?
O caso de Ferrol evidencia que o Ministerio de Defensa non está por exhibir a Franco en ningún sitio. E no caso da estatua de Millán Astray na Coruña parece ser que tampouco. Nós cremos que a talla de Millán Astray debería estar nun museo dos horrores, onde despositar tamén as placas franquistas que se van retirar. Ese museo está pendente de facer, e un bo lugar podería ser o antigo cárcere da Coruña.
Dixo que A Coruña era "a capital da simboloxía franquista". Segue séndoo?
Afortunadamente, xa non estamos á cabeza do ranking porque no pleno de setembro do ano pasado aprobouse a retirada de máis de 50 símbolos, aínda que quedan flocos importantes. Mentres Defensa retirou os escudos franquistas de Atocha, o único escudo franquista que queda na cidade está no concello, e no propio salón de plenos queda un baixorrelevo de Franco... así que na Coruña aínda temos a Franco no salón de plenos. E no consistorio tamén quedan dous retratos dos dous primeiros alcaldes falanxistas.

Ao Xulgado do Contecioso Administrativo nº 3 da Coruña
Documentación que achega o textigo Manuel Monge González na comparecencia do 15 de novembro de 2010, a raíz da petición presentada por María del Carmen Canalejo Lorenzo sobre o acordo plenario de 7 de setembro de 2009, no que se eliminaba a rúa Juan Canalejo, así como distincións honoríficas:

1. Informe da Comisión de Expertos

2. Datos biográficos

3. Quen foi Juan Canalejo? Opinións

4. Os crimes do franquismo

5. Relación de 600 persoas asasinadas polo franquismo en dez concellos da comarca da Coruña
JUAN CANALEJO

1. Informe da Comisión de Expertos:

O informe da Comisión de expertos do concello da Coruña para a eliminación da simboloxía franquista, aprobado por unanimidade, dicía sobre Juan Canalejo: "Foi o fundador da Falanxe coruñesa no ano 1933, organizador das milicias armadas falanxistas en A Coruña previamente á sublevación militar, co claro obxectivo de derrubar o réxime republicano. Xefe Territorial das devanditas Milicias falanxistas, implicado na conxura previa á devandita sublevación militar".

2. Datos biográficos

Juan Canalejo Castells (1897-1936), militar de profesión, retírase cando chega a República, acolléndose á Lei Azaña. En 1933 funda a Falanxe en A Coruña e en 1936 é Xefe Territorial das Milicias de Falanxe Española e das JONS de Galicia. Encadrado no sector máis radical, organiza dentro de Falanxe o grupo chamado Primeira Liña, caracterizado polo uso da violencia. Juan Canalejo era un pistoleiro -"persoa que usa a pistola para cometer delitos de todo tipo"- e o seu grupo participou en numerosos actos terroristas e delictivos; por ese motivo foron detidos e encarcerados.
Acórdase dar o nome de Juan Canalejo á rúa Do Socorro no Pleno de 30 de decembro de 1938, "en atención a las persecuciones sufridas y méritos contraídos por el fundador de la Falange en esta capital, cuyo nombre no puede ser olvidado por ningún coruñés entusiasta del Glorioso Movimiento, que debe ir en la memoria de todos, inmediatamente después del inmortal José Antonio Primo de Rivera". Foi declarado Fillo Predilecto e Concelleiro Honorario por acordo municipal de 5 de novembro de 1943.
Despois de proclamarse a II República, Juan Canalejo foi detido e estivo no cárcere da Coruña polas actividades de Falanxe: colocar unha bandeira de Falanxe no local de Esquerda Republicana de Ferrol; asaltar o Casino Republicano da Coruña o 1 de novembro de 1934, colocando unha bandeira de Falanxe no lugar da republicana. Está documentado que actuaban contra traballadores en folga, asaltaban as sedes dos partidos políticos, levando os carnés de afiliados, que despois utilizaron para asasinalos; rebentaban os mitins, como o celebrado polo Presidente Azaña na Coruña etc. Esta actuación delictiva e terrorista era recollida nos xornais da época. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular nas eleccións de 16 de febreiro de 1936, aparecía co titular: Un hecho incalificable cometido con un vendedor de periódicos, e con este texto: "Emilio Veira, vendedor de El socialista y Mundo Obrero, fué llevado con argucias a una casa de la calle de la Barrera, donde está instalado el Centro de Falange. Otro muchacho, llamado Avelino Méndez Núñez, le llevó a un piso, donde un oficial de la Reserva, llamado Juan Canalejo, le amenazó con una pistola y el obligó a tomar una gran porción de aceite de ricino y gasolina con polvos de jalapa (planta cuxas raíces conteñen unha resina de propiedade purgativas). El infeliz muchacho se encuentra muy grave en el hospital". (publicado en El Pueblo Gallego de 18-2-1936).
A Falanxe xogou un papel fundamental na represión fascista e no asasinato de centos de persoas na comarca da Coruña. Non reparou en medios para conseguir os seus criminais obxectivos; como dicía Juan Canalejo: "El destino de la Falange es salvar a España y la salvaremos pese a quien pese, arrollando a quien se interponga en nuestro camino". Antes do golpe militar de xullo de 1936, Juan Canalejo foi detido en Madrid con outros dirixentes falanxistas, cando organizaban un levantamento violento contra a República. Foi asasinado en Paracuellos, despois dunha saca de presos do cárcere, que foi repudiada polo Goberno da República.

3. Quen foi Juan Canalejo? Opinións

Juan Canalejo non (Texto de X.L. Méndez Ferrín en Faro de Vigo de 24-2-06)
As fontes históricas falan pouco de Juan Canalejo. Non é estraño posto que elas soen ser parcas, e os historiadores pouco dilixentes, cando se trata de sacar á luz o que foi a Falange en Galicia nos tempos anteriores á sublevación de 1936. Pesia ao que so pensarse, a Falange estivo ben organizada, na Galicia republicana, en todas as capitais e cidades e en vilas, e promoveu desordes numerosos e mesmo ocasionou mortos. Eu coñecín persoas que o relembran disparando contra a sede da CNT da Coruña e fuxindo a refuxiarse no forno do seu pai.
Á Coruña cábelle a vergoña de ser a capital de Galicia que conserva maior número de nomes públicos franquistas e fascistas de todo tipo. Entre os que deben desaparecer está o de Juan Canalejo do seu prestixioso Hospital.
Historia dun virus no hospital Juan Canalejo (Texto de Manuel Rivas en El País de 4-4-08)
Con Juan Canalejo non hai controversia histórica. A súa é unha historia dramática e secundaria, que nada tivo que ver, nin directa nin indirectamente, co oficio de sandar. Que a residencia sanitaria levara os eu nome foi unha imposición de ditadura. Mesmo daquela houbo moita xente, dende logo na profesión médica, que o considerou absurdo. Indecoroso. Claro que daquela non se piaba en público. E menos cando no acto de inauguración teño entendido que non había un tirano senón dous, pois Franco invitou ao seu colega en risoterapia ibérica, o doutor Salazar.
O nome dun hospital, do principal hospital, é moi importante. Moi importante para a saúde. Eu non me sentiría moi ben se chegase a un lugar descoñecido, tivese un problema de mobilidade e que me levasen a unha planta onde puxera Sala de Rehabilitación Idi Amin ou Urxencias Pinochet. Non discuto que para un tratamento de choque puidera ser efectivo. Mais, risoterapia á parte, xa vai sendo hora de tratar no caso do complexo hospitalario da Coruña un dos peores virus que pode afectar á sociedade. Ese troiano que destrúe a memoria.
"Juan Canalejo": un hospital con nombre de terrorista (Texto de Benjamín Balboa en Rebelión de 29-10-05)
El hospital provincial de A Coruña lleva el nombre de un pistolero fascista, uno de los principales organizadores durante los años de la República de la estrategia terrorista contra la convivencia democrática y las libertades ciudadanas, que desarrolló en aquellos años la organización conocida como Falange Española. La playa de Bastiagueiro, además de otros campamentos clandestinos, serán testigos de sus prácticas de tiro, con armas cortas y largas, proporcionadas por algunos militares de la guarnición y que ya se preparaban para atentar contra el gobierno constitucional.
En 1931, el año en que la ciudadanía proclamó la República pacíficamente, se formó en el entorno de algunos alumnos de la Escuela de Comercio de A Coruña un grupo de conspiradores, hijos de familias acomodadas vencidos por la tentación fascista, que contactaron bien pronto con las JONS (Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista), uno de los grupúsculos de inspiración fascista que luego se fundiría en Falange. En 1934, Canalejo -antiguo teniente de intendencia del ejército- que se había acogido a la ley Azaña y se había retirado del Ejército cobrando su paga íntegra, se une al grupo y les reorganiza en "Primera Línea", iniciando así una escalada de acciones violentas y provocaciones de todo tipo. Crueles palizas y vejaciones son la marca del grupo: Canalejo se hace famoso por hacer tragar gasolina a sus víctimas -campesinos, marineros, obreros miembros de los sindicatos- antes de abandonarlas apaleadas. Los escuadristas azules atacan a militantes de izquierda, asaltan locales, disparan a las manifestaciones; su objetivo es crear inseguridad, extender el terror e impedir que la República construya en paz una España moderna y democrática.
A partir de 1934 la acción de los falangistas se basa en la provocación continua y en acudir a la puerta de los cuarteles para ofrecerse como voluntarios para el golpismo en el que cifran sus esperanzas. Canalejo, por su condición de exmilitar, jugará un papel relevante en las relaciones entre militares simpatizantes del golpismo y las escuadras de asesinos de Falange. Se ofrece a las autoridades militares de la época junto con sus hombres para atacar a los huelguistas de Octubre de 1934, participa en tiroteos de hostigamiento a los mítines de las organizaciones de izquierda o republicanas. Junto con sus escuadristas intentó reventar un importante mitin del Presidente Azaña, donde se abriría paso a golpes y pistola en mano. Pero a raíz de un asalto al Casino Republicano de la ciudad sería finalmente detenido por la Guardia Civil.
En junio de 1935 Canalejo lleva a cabo el robo de los archivos de afiliados a Izquierda Republicana de A Coruña. Primo de Rivera visita en marzo de 1935 y anuncia que "la próxima revolución la ganarán sus camisas azules con el fusil en la mano". Los fusiles robados por los militares golpistas serán entregados a los hombres de Juan Canalejo llegado el momento y con ellos serán asesinados cientos de coruñeses no mucho más tarde.
La formación del gobierno republicano apoyado por el Frente Popular en febrero de 1936 lleva a Falange a extremar sus acciones y a intentar coordinarlas mejor. Llamado a Madrid para estas tareas conspirativas, Canalejo es detenido de nuevo. En los días en los que comenzó la lucha por Madrid, con las tropas fascistas a apenas un par de kilómetros de la Cárcel Modelo, la evacuación de los presos allí retenidos se convirtió en un asesinato masivo, cuando algunas de las expediciones de presos fueron desviadas. Unos dos mil quinientos prisioneros fueron asesinados, entre ellos numerosas personas contra los que no existían cargos de ningún tipo. Todos ellos tenían derecho a un juicio justo y a que su vida fuese garantizada por las autoridades republicanas. La noticia de su muerte estremeció a todo el país, la práctica totalidade de los dirigentes republicanos manifestaron su horror ante el hecho y la sensación de que se había cometido un crimen fue general. Juan Canalejo Castells fue de los primeros en morir -el 6 de noviembre de 1936 en Paracuellos del Jarama- junto con otros destacados dirigentes fascistas. Sus asesinos convirtieron en víctima a quien no fue más que un verdugo vocacional toda su vida e impidieron que fuese juzgado por sus crímenes y su condena sirviera de ejemplo.
Después del golpe contra la República el 18 de julio de 1936, los escuadristas de Canalejo serían los verdugos voluntarios en los días de horror que siguieron al triunfo golpista en la ciudad. Serán quienes organizarán la matanza de ciudadanos demócratas, de miembros de asociaciones culturales, sindicales y políticas con la que aniquilaron a toda una generación y sumieron a Galicia en el horror. Canalejo jugó en ese proceso un papel clave, no sólo fundacional, sino determinante en la evolución homicida del mismo.
Nos quitan los colores... (texto de Isabel Faraldo Calvo, delegada da Xunta de Persoal do Centro Hospitalario Universitario, en La Opinión de 21-4-08)
Rojo de la vergüenza, del cabreo, de la indignación. A Coruña mantiene el nombre del hospital Juan Canalejo por cuestiones de "tiempo, dinero y dudas". Tiempo, pide la Consellería para que se desarrolle el catálogo de "vestigios de la Guerra Civil y la Dictadura" que serán excluídos de la aplicación de la Ley, antes de tomar ninguna determinación. Dinero, argumentan, por lo costoso del cambio. Y dudas, afirmó en su momento el diputado Sr. Cerviño, por el carácter de "verdugo y víctima" del falangista.

Y claro, nos quitan los colores...La Ley de Memoria Histórica exige cambiar el nombre a los edificios públicos que supongan la "exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura". No hay más discusión ni interpretaciones. Cumplamos la ley. Sin más dilación.

Juan Canalejo es un doloroso recuerdo del terror falangista y de la dialéctica de odio y muerte con la que esta organización, humillada en las urnas por los trabajadores, aniquiló la esperanza democrática de la República. Golpeó, saqueó, reventó. Crueles palizas. Puños y pistolas en la noche. Adiestrador de aspirantes a verdugo. Esos son sus méritos. No debe ser homenajeado con uno de los edificios más prestigiosos y queridos de la ciudad: el complejo hospitalario.

La nomenclatura de hospitales que han cambiado su nombre para no honrar a quienes nos deshonraron es amplía. Los nombres no hacen a las instituciones, pero las instituciones honran a los nombres que llevan. Y todos aquellos que tuvieron su protagonismo en todo lo relativo a apoyar, favorecer o defender la "longa noite de pedra" (que era como se refería Celso E. Ferreiro a la dictadura franquista), todo esos, no merecen tal honor.

Juan Canalejo Castells (Texto de J.J. Sánchez Arévalo en La Opinión de A Coruña de 17-7-07)

Sus padres eran dueños de un horno panadería en la de aquella calle del Socorro, hoy llamada Juan Canalejo. Entra en contacto con Falange pocos días después del mitin fundacional del Teatro de la Comedia en Madrid en 1933. Tras la reorganización de mandos por la fusión de FE y las JONS se constituye el Triunvirato en A Coruña del que forma parte Canalejo, así como del triunvirato provincial.

En julio de 1934 Ledesma Ramos visita la provincia, celebrándose concentraciones en Bastiagueiro -con cerca de 30 personas- y Cabanas. Canalejo no acude a la reunión porque se encuentra en la cárcel por colocar una bandera de Falange en el local de un partido de izquierdas en Ferrol. Fue puesto en libertad pocos días antes de la huelga general revolucionaria de octubre de 1934. El 1 de noviembre de 1934 Canalejo entra en el Casino Republicano o de la Comedia en Madrid en 1933. Tras la reorganizaciias manifestaciones; su objetivo es crede A Coruña, sustituyendo la bandera republicana por una de Falange. En el I Consejo Nacional se le nombra jefe provincial de A Coruña. En noviembre de 1935, tras el II Consejo Nacional, se le nombra jefe territorial de la Primera Línea de Falange en Galicia, por iniciativa de José Antonio. Su nombramiento casi provoca la escisión de Falange en Galicia, finalizando con la división en dos jefaturas provinciales de la Jefatura Provincial de Vigo.

A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión (Texto do libro de Luis Lamela. Ediciós do Castro 2002)
Juan Canalejo, junto a su hermano Antonio -practicante sanitario- fueron expulsados del Partido Republicano Radical de Lerroux al ser sorprendidos el 15 de julio de 1934 en el local social colocando pasquines de propaganda fascista.
Los poderes fácticos, siempre conservadores y monárquicos en España, poco a poco iban interesadamente convenciendo a los militares de que la República significaba desorden y anarquía, además de subvencionar susbstancialmente a numerosos grupos ultraderechistas y monárquicos, entre los que abundaban los militares en activo -y los retirados por la Ley Azaña, caso en A Coruña de Juan Canalejo Castells, entre otros-, que subvertían constante y gravemente el orden social republicano con el único objetivo de destruir la II República de forma traumática y conquistar nuevamente el Estado que habían perdido en las urnas en febrero de 1936.
En relación a la represión ejercida por los grupos incontrolados o de apoyo da por los grupos incontrolados o abepublicano con el rechistra y monaes de que la Repopaganda fascista.a la represión legal militar, conocemos la composición de las brigadas del amanecer de la ciudad, en cuanto que estaban integradas por miembros de las fuerzas del orden público -principalmente de la Guardia Civil-, de la organización falangista, de los japistas (Juventudes de Acción Popular) y también de la milicia civil armada Caballeros de La Coruña. Los tribunales militares -los civiles estaban sometidos a la jurisdicción de aquellos-, apoyados paralela e eficazamente por los llamados señores de la noche, funcionaron como rigurosos inquisidores y grupos de ejecuciones masivas por medio del paseo y no como defensores de unos derechos humanos gravemente pisoteados.
Entre el 20 de julio de 1936 y el 1 de abril de 1939 fueron asesinadas 559 personas en A Coruña, a consecuencia de la represión franquista (482 hasta el 31 de diciembre de 1936). Este número está muy lejos de la realidad, ya que el campo de la investigación pendiente es mucho más amplio que el acometido hasta ahora. Fueron, sin duda alguna, bastantes más los muertos.

Juan Canalejo e o culto á violencia. (Texto de X. Enrique Acuña en A Nosa Terra de 20-10-05)
"Primera Línea" era un grupo clandestino e armado dentro da propia Falange joseantoniana, ideado para realizar accións terroristas contra organizacións de esquerdas e frontepopulistas. Foi Juan Canalejo quen artellou os primeiros comandos violentos na Coruña á altura de 1934. Facilmente identificado polas forzas de seguridade republicanas como autor de actos vandálicos e de terror contra persoas de significación progresista, foi detido e ingresado nese ano na prisión provincial. O culto á violencia é unha norma básica e estratéxica para os homes de Canalejo.

Canalejo, dada a súa acreditada condición e formación militar, ocupaba á altura de maio do 36 un posto decisivo de enlace entre os mandos de Falanxe e a trama militar que estaba a piques de sublevar as guarnicións militares de toda a península e do norte de África, Á vez, como especialista nas accións armadas, a súa man quedou tras o deseño de moitos dos incidentes violentos que se desenvolveron en Madrid nas xornadas previas ao alzamento militar de xullo.


4. Os crimes do franquismo

A represión franquista asasinou a máis de 5.000 persoas en toda Galiza. Ao remate da guerra, a ditadura franquista ordenou o fusilamento de 200.000 persoas en todo o Estado e 750.000 estiveron en cárceres e campos de concentración. Millóns de persoas foron despedidas do seu traballo, entre eles 60.000 profesores. Centos de miles tiveron que marchar ao exilio. Aínda hoxe hai máis de 100.000 persoas desaparecidas en fosas comúns. Miles de nenas e nenos foron roubados a familias de demócratas e republicanos, cambiando a súa identidade.
A represión dos fascistas na comarca da Coruña ten un balance realmente estremecedor, con centos de persoas asasinadas, entre elas as primeiras autoridades: Francisco Pérez Carballo, gobernador civil; Rogelio Caridad Pita, gobernador militar; Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral xefe da VIII División Orgánica; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña; Joaquín Martín Martínez, secretario do concello; Manuel Prado Allegue, xefe da Intervención Municipal; Francisco Prego Campos, xefe de Negociado do concello; Ánxel Casal, vicepresidente da Deputación e alcalde de Santiago; Manuel Quesada e Gonzalo Tejero, comandante e capitán das Forzas de Asalto; dirixentes de partidos como Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Socialista da Coruña; Pedro Galán Calvete, presidente das Mocidades Galeguistas. Dirixente sindicais como José Villaverde e José Boedo López, da CNT; Eugenio Carré Naya, secretario da Federación de Traballadores do Ensino-UXT. Entre as vítimas había unha gran pluralidade: anarquistas, socialistas, comunistas, galeguistas, republicanos.

O xeneral Mola deixaba moi claro o obxectivo: "Eliminar sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensan como nosotros".
"Tenemos que matar; matar y matar. Son como animales (...) Al fin y al cabo, ratas y piojos son los portadores de la peste. Nuestro programa para regenerar España consiste en exterminar un tercio de la población masculina. Con eso se limpiaría el país y nos desharíamos del proletariado. Además también es conveniente desde el punto de vista económico. No volverá a haber desempleo en España" (Entrevista co capitán franquista Gonzalo Aguilera, concedida ao xornalista John Whitaker).
"Naturalmente que los hemos fusilado ¿Pensaban que me llevaría conmigo a 4.000 rojos mientras mi columna avanzaba luchando contrarreloj? ¿Debía dejarlos en libertad a mis espaldas, permitiéndoles que hicieran nuevamente de Badajoz una ciudad roja?" (Declaracións do xeneral Yagüe a un corresponsal estadounidense despois da matanza da praza de touros de Badaxoz).
"Nuestros valientes legionarios y Regulares han enseñado a los cobardes de los rojos lo que significa ser hombre. Y, de paso, también a las mujeres. Después de todo, estas comunistas y anarquistas se lo merecen, ¿no han estado jugando al amor libre? Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres de verdad y no milicianos maricas. No se van a librar por mucho que forcejeen y pataleen" (Arenga na radio de Queipo de Llano o 23 de xullo de 1936)
Sinala o historiador Carlos Fernández no seu libro El alzamiento de 1936 en Galicia:
Los paseos, cual si se tratase de una actividad industrial, acabaron siendo programados. La "oficina técnica", o macabra, se había instalado en el hoy desaparecido café Unión, de la plaza de Pontevedra -aprovechando las largas tertulias de la sobremesa española- y la sucursal, aparte el cuartel general de Falange en la calle Juana de Vega, en una céntrica peluquería del Cantón Grande. Así, entre tazas de café y buenos afeitados fue incubándose la tragedia.
E dá detalles sobre a amplitude da represión:
Al principio, fueron intelectuales y politicos de ideología más o menos izquierdista. Luego abarcaron a todo ser humano sin discriminación de sexo, raza o clase social. Respecto a ello, baste un botón como muestra: un cónsul, afincado en La Coruña, relata a un paseador, en el ya mencionado café, que cuando visitó un barco del país que representaba para efectuar unos trámites oficiales, un carabinero le requisó a la salida un cartón de tabaco rubio. Ante tamaño ´delito´, el paseador, íntimo amigo del cónsul, le pidió el nombre del carabinero para pasearle.
Otros paseadores tenían profesiones que eran coartadas perfectas para su misión. Había uno, conocido carnicero, que llegaba, muchas veces, a altas horas de la madrugada a su casa con el vestido manchado de sangre. Cuando algún vecino se lo hacía notar, respondía impertérrito: Es que hoy he tenido matanza y no me ha dado tiempo de cambiarme.
Os lugares de reunión dos paseadores e os seus nomes non son un segredo, xa que aparecen sinalados en numerosos libros de historia e en testemuños orais.
O historiador Luis Lamela tamén achega datos importantes sobre a represión no seu libro A Coruña, 1936; memoria convulsa de una represión: Las mujeres de algunos de los represaliados serían violadas -las escasas denuncias fueron generalmente sobreseídas- o sometidas a represión física o psíquica, con cortes de pelo al cero, purgas con aceite de ricino, acosos sexuales, etc. No mesmo libro Lamela dá conta do asasinato de Mercedes Romero Abella -apareceu nunha fosa común en Vilarraso (Aranga)- mestra do barrio coruñés de Monelos, de 30 anos e con dous fillos de curta idade; era viúva de Francisco Mazariegos, tamén asasinado polos fascistas, sindicalista da UXT e empregado do Banco Pastor: "Fue violada por varios fascistas que la llevaban detenida y cuando iban a rematarla, los lugareños escucharon muy asustados y escondidos los gritos desgarrados y aterridos de la pobre mujer suplicando piedad y clemencia, justificando la súplica por la razón de tener hijos menores que quedaban completamente desamparados. Y allí mismo, haciendo caso omiso a los gritos de piedad de la desdichada infortunada, la acribillarían a balazos salvajemente".

Esta criminal represión estaba perfectamente planificada. Como sinala o auto do xuíz Garzón de 18 de novembro de 2008:
La acción desplegada por las personas sublevadas y que contribuyeron a la insurrección armada del 18 de julio de 1936, estuvo fuera de toda legalidad y atentaron contra la forma de Gobierno, en forma coordinada y consciente, determinados a acabar por las vías de hecho con la República mediante el derrocamiento del Gobierno legítimo de España, y dar paso con ello a un plan preconcebido que incluía el uso de la violencia, como instrumento básico para su ejecución.
Garzón lembraba a Instrución Reservada nº 1, de abril/maio de 1936:
Producido el movimiento y declarado el Estado de Guerra...se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posible al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Desde luego, serán encarcelados todos los directivos de los Partidos Políticos, Sociedade o Sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándose castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas.
Segundo o xuíz, "La Octava Orden de Urgencia, a cargo de la Junta de Gobierno, incitaba al terror y al asesinato de personas y a la destrucción de organismos: En el primer momento y antes de que empiecen a hacerse efectivas las sanciones a que de lugar el bando de Estado de Guerra, deben consentirse ciertos tumultos a cargo de civiles aramados para que se eliminen determinadas personalidades, se destruyan centros y organismos revolucionarios".
Continúa Garzón ilustrando o terror e a represión: "Ya iniciada la insurrección, el 19 de julio de 1936, el General Mola afirmaba: Es necesario propagar una imagen de terror (...) Cualquiera que sea, abierta o secretamente, defensor del Frente Popular, debe ser fusilado".
Isto era o que dicía o bando militar do xeneral Queipo de Llano de 24 de xullo de 1936: "Serán pasados por las armas, sin formación de causa, las directivas de las organizaciones marxistas o comunistas que en el pueblo existan y en el caso de no darse con tales directivos, serán ejecutados un número igual de afiliados, arbitrariametne elegidos".
En declaracións a Radio Sevilla dicía este xeneral:
Yo os autorizo a matar, como a un perro, a cualquiera que se atreva a ejercer coacción ante vosotros: Que si lo hiciereis así, quedaréis exentos de toda responsabilidad.
¿Qué haré?. Pues imponer un durísimo castigo para callar a esos idiotas congéneres de Azaña. Por ello faculto a todos los ciudadanos a que, cuando se tropiecen a uno de esos sujetos, lo callen de un tiro. O me lo traigan a mi, que yo se lo pegaré.
Ya conocerán mi sistema: por cada uno de orden que caiga, yo mataré a diez extremistas por lo menos, y a los dirigentes que huyan, no crean que se librarán con ello; les sacaré de debajo de la tierra si hace falta, y si están muertos, los volverá a matar.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións

  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.


  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.
    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.




    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg